Cinecleta. Cine ambulante.

É un proxecto de recuperación, restauración e exhibición de películas en formato 8mm y súper8 filmadas por afeccionados e cineastas amateurs. Nestas proxeccións ambulantes, entre bobinas, tocadiscos e antiguos proxectores, o Señor Lili, taquilleiro e acomodador, á par que proxeccionista, pedalea a través do túnel do tempo para que sexamos testemuñas dos trocos producidos nas nosas vidas.

Son pequenas historias de curta duración que nos  lembran como éramos e nos amosábamos diante dunha cámara; imáxes do século pasado, recuperadas do esquecemento, narradas, sonorizadas e apoiadas de efectos especiáis en vivo. Ademáis a Lilicleta na súa faceta cinematográfica ofrécenos tamén actividades como o cine ao aire libre, ideal cando o clima acompaña. Por extensión, esta paixón é quén de levar ao Señor Lili a elaborar e editar tamén vídeos personalizados por encargos particulares: tanto dixitalización de filmacións antiguas como elaboración e edición dos clásicos vídeos homenaxe para sorprender en eventos importantes; sempre có inigualable selo divertido e orixinal que o caracteriza..