Discocleta. Disco ambulante.

Coa Lilicleta coseguimos a recreación e posta en escena dunha cabina de “pinchadiscos” ao estilo dos 70’s. O Señor Lili emociona e fai vibrar aos presentes coas melodías populares do pasado utilizando para iso formatos en desuso.

O que o distingue, ademáis, é a gran conexión co público. Lonxe de ser un “pinchadiscos” ao uso, na súa faceta de showman e animador de pista, logra facerse cos presentes, improvisando un karaoke-concurso participativo, bailando entre a xente e enchendo de cor as festas nas que a música e os asistentes marcan a pauta.