¿Qué é a Lilicleta?

Un antiguo triciclo dos anos 60 que se dedicaba ao reparto de leite, transfórmase agora, da man do Señor Lili, nunha Retro Disco-Cine Ambulante a pedais, provista de amplificación, equipo de voces e luces con autonomía de seu. A Lilicleta é un proxecto enfocado a todos os públicos e esta pensado e preparado para participar en eventos moi variados dun xeito chamativo, singular e ecolóxico.

Eventos Lilicleta:

Pasarrúas, festas populares e privadas, sesións vermú, vodas, cabodanos, festas gastronómicas, asociacións, festivais, xornadas deportivas etc,..