Publicleta. Promocións ambulantes.

A Lilicleta pode adaptarse á imáxe corporativa da túa empresa de xeito moi sinxelo por medio de vinilos personalizados; deste xeito convértese nun magnífico instrumento para dar publicidade a eventos dun modo sostible, visualmente atractivo e itinerante que capta a atención de todos ao seu paso, tanto en percorridos urbáns como en feiras, congresos e exposicións. Encántanos esta concepción retrospectiva da publicidade que cunha revisión moderna, estamos seguros cumplirá có obxectivo de chegar ao maior número de persoas posible.

As posibilidades que está a brindarnos a Lilicleta son infinitas,  encantaríanos que se o desexas nos contes a túa idea para que o Señor Lili faga unha proposta que te satisfaga.

Taxicleta. Tuc Tuc ambulante.

A Taxicleta é un medio de transporte ideal para pasaxeiros, un xeito clásico, san, relaxado e brincadeiro de gozar do entorno que te rodea, escoitando a música que máis te gusta.

Adultos: 1 praza

Nenos: 2 prazas

Musicleta. Músicos ambulantes.

A Lilicleta transfórmase nun escenario a pedais dedicado aos músicos, unha plataforma sobre rodas en movemento, onde poder presentar espectáculos musicáis variados desde outra perspectiva, coa idea de chegar a moitos recunchos e satisfacer ao público de todas as idades.

A Lilicleta e "Os instrumentos máxicos"

A Músicleta e "Os instrumentos máxicos", é un proxecto de Pulpiño Viascón e o Sr. Lili.

Cinecleta. Cine ambulante.

É un proxecto de recuperación, restauración e exhibición de películas en formato 8mm y súper8 filmadas por afeccionados e cineastas amateurs. Nestas proxeccións ambulantes, entre bobinas, tocadiscos e antiguos proxectores, o Señor Lili, taquilleiro e acomodador, á par que proxeccionista, pedalea a través do túnel do tempo para que sexamos testemuñas dos trocos producidos nas nosas vidas.

Son pequenas historias de curta duración que nos  lembran como éramos e nos amosábamos diante dunha cámara; imáxes do século pasado, recuperadas do esquecemento, narradas, sonorizadas e apoiadas de efectos especiáis en vivo. Ademáis a Lilicleta na súa faceta cinematográfica ofrécenos tamén actividades como o cine ao aire libre, ideal cando o clima acompaña. Por extensión, esta paixón é quén de levar ao Señor Lili a elaborar e editar tamén vídeos personalizados por encargos particulares: tanto dixitalización de filmacións antiguas como elaboración e edición dos clásicos vídeos homenaxe para sorprender en eventos importantes; sempre có inigualable selo divertido e orixinal que o caracteriza..

Pizarracleta. Fonoteca ambulante.

A Pizarracleta dos irmáns Pizagarra

É un proxecto de recuperación e exhibición de discos de lousa do comezo do século XX, atopados en mercados ambulantes, anticuarios e coleccións privadas.

En Galicia atopánse moitos destes tesouros, grabacións que foron adquiridas, no seu día, por emigrantes en países de acollida, como Arxentina, Cuba, Venezuela, Brasil, México, Estados Unidos, etc.

A Pizarracleta é o medio de locomoción de todo ese arquivo sonoro, unha fonoteca a pedáis, preparada para participar en eventos moi variados.

Discocleta. Disco ambulante.

Coa Lilicleta coseguimos a recreación e posta en escena dunha cabina de “pinchadiscos” ao estilo dos 70’s. O Señor Lili emociona e fai vibrar aos presentes coas melodías populares do pasado utilizando para iso formatos en desuso.

O que o distingue, ademáis, é a gran conexión co público. Lonxe de ser un “pinchadiscos” ao uso, na súa faceta de showman e animador de pista, logra facerse cos presentes, improvisando un karaoke-concurso participativo, bailando entre a xente e enchendo de cor as festas nas que a música e os asistentes marcan a pauta.

¿Qué é a Lilicleta?

Un antiguo triciclo dos anos 60 que se dedicaba ao reparto de leite, transfórmase agora, da man do Señor Lili, nunha Retro Disco-Cine Ambulante a pedais, provista de amplificación, equipo de voces e luces con autonomía de seu. A Lilicleta é un proxecto enfocado a todos os públicos e esta pensado e preparado para participar en eventos moi variados dun xeito chamativo, singular e ecolóxico.

Eventos Lilicleta:

Pasarrúas, festas populares e privadas, sesións vermú, vodas, cabodanos, festas gastronómicas, asociacións, festivais, xornadas deportivas etc,..

¿Quén é o Señor Lili?

Fernando Pujalte, ou Señor Lili, é a cabeza pensante do proxecto bautizado como Lilifilms desde o ano 2003. Toda unha vida dedicada á paixón polo audiovisual, o cine e a música, permitíron ao Señor Lili facerse cun arquivo fonográfico e fílmico tan extenso como interesante.

Deste arquivo forman parte unha grande cantidade de filmacións domésticas do século pasado (en formato 8mm e Súper 8), así como, infinidade de discos de vinilo, cintas magnetofónicas, cintas estéreo 8 e casetes da época, entre os que atopamos tanto melodías que nos transportan ao pasado, como rarezas que críamos esquecidas e imáxes nunca vistas que, sen dúbida, nos sorprenderán.

Monta e pedalea

O Señor Lili e a súa Lilicleta están pedaleando sen parar por toda a xeografía, se queres ponerche contacto con eles cubre estes apartados cos teus datos e descríbenos o tipo de evento que che gustaría celebrarrepostarémoste rodando.

    Array