¿Quén é o Señor Lili?

Fernando Pujalte, ou Señor Lili, é a cabeza pensante do proxecto bautizado como Lilifilms desde o ano 2003. Toda unha vida dedicada á paixón polo audiovisual, o cine e a música, permitíron ao Señor Lili facerse cun arquivo fonográfico e fílmico tan extenso como interesante.

Deste arquivo forman parte unha grande cantidade de filmacións domésticas do século pasado (en formato 8mm e Súper 8), así como, infinidade de discos de vinilo, cintas magnetofónicas, cintas estéreo 8 e casetes da época, entre os que atopamos tanto melodías que nos transportan ao pasado, como rarezas que críamos esquecidas e imáxes nunca vistas que, sen dúbida, nos sorprenderán.