Pizarracleta. Fonoteca ambulante.

A Pizarracleta dos irmáns Pizagarra

É un proxecto de recuperación e exhibición de discos de lousa do comezo do século XX, atopados en mercados ambulantes, anticuarios e coleccións privadas.

En Galicia atopánse moitos destes tesouros, grabacións que foron adquiridas, no seu día, por emigrantes en países de acollida, como Arxentina, Cuba, Venezuela, Brasil, México, Estados Unidos, etc.

A Pizarracleta é o medio de locomoción de todo ese arquivo sonoro, unha fonoteca a pedáis, preparada para participar en eventos moi variados.